SNL
CIOV
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

CIOV

CURSOS

CURSOS

  • CIOV - PROGRAMACIÓN PARA O ANO 2024

    CIOV - PROGRAMACIÓN PARA O ANO 2024

    Volven os cursos do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo


    Para se inscribir é necesario enviar un correo electrónico a actividades.snl@vigo.org (no “Asunto” debe poñer o nome do curso no que se anota, e indicará o seu nome completo e teléfono de contacto)

     

    Todas as novas e información estarán actualizadas nesta web

    Ver máis…
    Estado
    En prazo
    Onde

    Lugar: Verbum (Avda. de Samil, 17) enlace a google maps

    Horario
    Horario: De 17:00 a 20:00
  • Módulos de poesía, impartidos por Silvia Penas do 7 de maio ata o 27 de xuño de 2024. Programación do CIOV

    Módulos de poesía, impartidos por Silvia Penas do 7 de maio ata o 27 de xuño de 2024. Programación do CIOV

    Pechado o prazo de inscrición

    Obxectivos

    -Fomentar o interese por descubrir a beleza e a mensaxe que todo bo poema achega.
    -Atender ás diferenzas individuais do alumnado e descubrir neles e nelas posibles aptitudes poéticas e de interpretación dramática.
    -Introducilos no coñecemento dos valores poéticos cos que conta a lingua galega e a poesía galega tradicional e contemporánea.
    -Desenvolver a memoria e a imaxinación.
    -Alcanzar maior riqueza léxica, dominio e articulación, entoación e pronunciación, así como maior destreza para a oralidade: falar, expoñer, comunicar en público.

     

    Para inscribirse deben enviar un correo co seu nome e número de teléfono a actividades.snl@vigo.org

    Ver máis…
    Datas
    Do 7 de maio ao 27 de xuño de 2024
    Horario
    Das clases dos módulos: de 17:00 a 20:00. Da mostra, ás 19:00
  • Monográfico arredor da oralidade. Programación do CIOV (30 de abril de 2024)

    Monográfico arredor da oralidade. Programación do CIOV (30 de abril de 2024)

    Programa do acto do martes, 30 de abril de 2024 por Félix e Cástor Castro Vicente. De 17:00 20:00

    Os monstros nos pregos de cordel e na cultura popular galega

     

    Na súa comunicación os Irmáns Castro darán unha visión sobre os monstros que tratou o antropólogo Vicente Risco nos seus traballos, en ocasións procedentes de pregos de cordel e falarán destes seres na cultura popular, facilitándonos unha clasificación tipolóxica, aportando ademáis unha visión panorámica das súas investigacións e descubertas sobre Manuel Blanco Romasanta, o lobishome de Esgos, con especial fincapé na tradición oral que se conserva do caso.

     

    Non é necesaria ningunha inscrición para asistir ao monográfico.

    Ver máis…
    Datas
    Martes, 30 de abril de 2024
    Horario
    De 17:00 a 20:00
  • Monográficos arredor da oralidade. Programación do CIOV (25 e 30 de abril 2024)

    Monográficos arredor da oralidade. Programación do CIOV (25 e 30 de abril 2024)

    No mes de abril de 2024, van ter lugar os seguintes monográficos no Verbum (Avda. de Samil, 17):

    • Xoves, 25 de abril. A musicalidade da palabra por Paco Barreiro
    • Martes, 30 de abril. Os monstros nos pregos de Cordel e noutros escritos por Félix e Cástor Castro Vicente

    Non é necesaria ningunha inscrición para asistir aos monográficos.



    Programa do acto do xoves, 25 de abril de 2024 por Paco Barreiro. De 17:00 20:00

            ►A MÚSICA DA PALABRA, melodía, ritmo e silencio.


    A importancia da lingua (órgano) na expresión oral da lingua (fala). As sete vogais, execución e conciencia.
    Ritmo e intensidade, a súa relación intrínseca.
    A frase e a entoación.

    A PALABRA DA MÚSICA.

    Posibles acompañamentos musicais do texto trala busca do seu propio ritmo (poesía, narración, teatro etc.).




    Ver máis…
    Datas
    Xoves, 25 de abril de 2024
    Horario
    De 17:00 a 20:00
  • Monográficos arredor da oralidade. Programación do CIOV (19, 23, 25 e 30 de abril 2024)

    Monográficos arredor da oralidade. Programación do CIOV (19, 23, 25 e 30 de abril 2024)

    Non é necesaria ningunha inscrición para asistir aos monográficos.

    No mes de abril de 2024, van ter lugar os seguintes monográficos:


    • Venres, 19 de abril. Oratoria e filosofía de taberna por Manoel da Costa
    • Martes, 23 de abril. O feito trobadoresco na súa globalidade oral por Xabier Ron
    • Xoves, 25 de abril. A musicalidade da palabra por Paco Barreiro
    • Martes, 30 de abril. Os monstros nos pregos de Cordel e noutros escritos por Félix e Castor Castro Vicente

     

    Non é necesaria ningunha inscrición para asistir aos monográficos.

    Ver máis…
    Datas
    Venres, 19 de abril de 2024
    Horario
    De 17:00 a 20:00
  • Monográficos arredor da oralidade. Programación do CIOV (23, 25 e 30 de abril 2024)

    Monográficos arredor da oralidade. Programación do CIOV (23, 25 e 30 de abril 2024)

    No mes de abril de 2024, van ter lugar os seguintes monográficos no Verbum (Avda. de Samil, 17):

    • Martes, 23 de abril. O feito trobadoresco na súa globalidade oral por Xabier Ron
    • Xoves, 25 de abril. A musicalidade da palabra por Paco Barreiro
    • Martes, 30 de abril. Os monstros nos pregos de Cordel e noutros escritos por Félix e Castor Castro Vicente

     

    Non é necesaria ningunha inscrición para asistir aos monográficos.


    Programa do acto do martes, 23 de abril de 2024 por Xabier Ron. De 17:00 20:00

            ►A idea central é tratar o feito trobadoresco na súa globalidade oral: o texto que hoxe lemos e a melodía que se pode deducir dos Pergamiños Vindel (cantigas de amigo de Martín Códax) e o Pergamiño Sharrer (cantigas de amor do rei portugués Don Denis).
        A través dunha serie de textos debullaremos a importancia da oralidade na creación poética trobadoresca. Farémolo mergullándonos nas cantigas de escarnio e na conformación de certos ciclos coma o escándalo da Ama e veremos tamén a importancia da comunicación cifrada, segreda, para que os trobadores puidesen manifestar o seu amor á poderosa señora. Chamaremos a atención sobre formas de executar a poesía medieval (atenderemos a outras  manifestacións tal como o Poema de Mío Cid, as cancións trobadorescas en occitano e algunhas da nosa lírica).
        

    Ver máis…
    Datas
    Martes, 23 de abril de 2024
    Horario
    De 17:00 a 20:00
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL