As clases serán no Auditorio Mar de Vigo, aula 5.4 - planta 5.ª (entrada pola porta da UNED, Avda. Beiramar, 57)
Módulo de ferramentas teatrais para a narración oral (do 5 de marzo ao 5 de maio de 2026)
Este módulo é gratuíto.
Duración do módulo: 5, 12, 26, 31 de marzo; 7, 9, 14, 16, 21, 23, 28, 30 de abril; 5 de maio de 2026
+ 1 día de mostra, o 8 de maio de 2026 no Café de Catro a Catro (rúa Girona, 16)
A narración oral e o teatro son curmáns irmáns. Mentres que quen narra se enfoca na palabra e quen interpreta na representación, tomar prestadas as "ferramentas do oficio" actoral transforma un simple relato nunha experiencia inmersiva por unha combinación de elementos poderosos.
O corpo como escenario: expresividade corporal para construír o bosque, o castelo ou a choiva.
A presenza pois co teatro aprendemos a "habitar" o espazo.
O xesto e o aceno logo que as mans poden describir o tamaño dun dragón mellor ca cen adxectivos.
A plasticidade da voz, adestando dicción, proxección e emoción, e traballando pausa, ritmo, volume, axustes e ton acadamos unha polifonía de personaxes sen necesidade caracterización externa. E co manexo da intención/subtexto deixamos de ler para pasar a vivir o conto e - por que non? - do conto.
As ferramentas teatrais transforman ao narrador/a de "informador/a" a "encOntador/a", empregando eses recursos para que a imaxinación de quen escoita traballe a máxima capacidade.
Volver atrás