SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Novas

Novas

Onde

As clases serán no Auditorio Mar de Vigo, aula 5.4 - planta 5.ª (entrada pola porta da UNED, Avda. Beiramar, 57)

Datas
17, 24 de setembro; 6, 8, 13, 15, 20, 22, 27, 29 de outubro; 3, 5, 10, 16 de novembro de 2026
Horario
De 17:00 a 20:00
Documentación
Cartel do curso
Módulos de poesía, impartidos por Vanessa Glemsel do 17 de setembro ata o 12 de novembro de 2026. Programación do CIOV

Módulos de poesía, impartidos por Vanessa Glemsel do 17 de setembro ata o 12 de novembro de 2026. Programación do CIOV

Programación do CIOV (Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo) do curso 2025-2026
Para inscribirse deben enviar un correo a actividades.snl@vigo.org co seu no nome e número de teléfono.

Obxectivos:

-Fomentar o interese por descubrir a beleza e a mensaxe que todo bo poema achega.

-Atender as diferenzas individuais do alumnado e descubrir neles e nelas posibles aptitudes poéticas e de interpretación dramática.

-Introducilos no coñecemento dos valores poéticos cos que conta a lingua galega e a poesía galega tradicional e contemporánea.

-Desenvolver a memoria e a imaxinación.

-Alcanzar maior riqueza léxica, dominio e articulación, entoación e pronunciación, así como maior destreza para a oralidade: falar, expoñer, comunicar en público. 

 

 

Para achegarse ao CIOV na Avda. Beiramar, 57 mediante o transporte urbano: hai paradas na Avda. Beiramar, pero na rúa Conde de Torrecedeira hai moitísima máis frecuencia de autobuses (a rúa Conde de Torrecedeira está moi a man da entrada pola porta da UNED como se pode ver aquí)

 

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS TOPONIMIA DE VIGO RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL