SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

ACTIVIDADES

  • Xogo Mulleres Sabias de Ciencia

    Xogo Mulleres Sabias de Ciencia

    Queremos celebrar convosco a importancia das mulleres na Ciencia e a importancia de facer Ciencia no noso idioma, o galego.

    A proposta é un xogo descargable no que o alumnado debe resolver unha serie de retos para descubrir a unha gran científica/tecnóloga inxustamente esquecida. Para iso, deben descifrar enigmas, superar probas criptográficas e utilizar todo o seu enxeño.

    Guía didáctica

    Ver máis…
  • CONCERTOS DE MÚSICA INFANTIL

    CONCERTOS DE MÚSICA INFANTIL

    CANCELADOS ESTES CONCERTOS

    As vindeiras 3 fins de semana, dentro da programación das actividades da Concellaría de Festas, a Concellaría de Normalización Lingüística, achégalles ás e aos máis cativos música infantil en galego para cantar e pasar un tempo divertido, que boa falta nos fai!

     

    Nestas actividades manteranse todas as normas sanitarias que por mor da COVID 19 hai que cumprir neste tipio de espectáculos.

    Ver máis…
  • Actividades de normalización lingüística para público familiar no mes de setembro 2020

    Actividades de normalización lingüística para público familiar no mes de setembro 2020

    Actividades rematadas

    A Concellaría de Normalización Lingüística promove nos vindeiros días actividades de normalización da lingua dirixidas a todos os públicos: contos, cantigas, historias, ciencia... para escoitar e gozar en familia. Dende O Calvario a Navia, pasando por Bouzas, Coia, A Miñoca e a praza da Independencia.

    As actividades serán ao aire libre e respectaranse as normas, que para estas hai establecidas verbo da COVID-19. As prazas serán limitadas, haberá control de acceso, distancia entre as cadeiras e hixeine de mans.

     

     

    Ver máis…
  • "Historias fascinantes de ciencia cotiá" no Calvario (setembro 2020)

    "Historias fascinantes de ciencia cotiá" no Calvario (setembro 2020)

    Actividade rematada

    Xurxo Mariño, neurocientífico e divulgador da UDC, xunto con Luís sampedro, científico do CSIC estarán este venres 11 de setembro a partir das 20:45 no Clavario (fronte ao mercado) co espectáculo "HISTORIAS FASCINANTES DE CIENCIA COTIÁ". Espectáulo no que nos achegarán a ciencia a través do teatro e do humor.

     

    Espectáculo para todos os públicos.

    Prazas limitadas

    Respectaranse as normas sanitarias que por mor da COVID-19 están determinadas para os espectáculos ao aire libre

     

    Ver máis…
  • "A xogar, cantar e bailar", na Miñoca (setembro 2020)

    "A xogar, cantar e bailar", na Miñoca (setembro 2020)

    Actividade rematada

    Cé, orquestra pantasma estará este venres, a partir das 19:00 na praza da Miñoca co seu espectáculo "A xogar, cantar e bailar".

     

    Espectáculo familiar con prazas limitadas

    Respectaranse as normas sanitarias que verbo da COVID-19 están establecidas para os espectáculos ao aire libre.

    Ver máis…
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL