Actividades de normalización lingüística para público familiar no mes de setembro 2020
<p>As actividades serán ao aire libre e respectaranse as normas, que para estas hai establecidas verbo da COVID-19. As prazas serán limitadas, haberá control de acceso, distancia entre as cadeiras e hixeine de mans.</p>
<p> </p>
<p> </p>
Para rematarmos este verán, a Concellaría de Normalización Lingüística ofrece unha programación de distintas actividades dinamizadoras da lingua de noso que se levarán a cabo en diferentes espazos da cidade.
Contos para coidar a terra e o mar; ciencia que nos sorprende na nosa vida cotiá, historias de tendais, contos nas orellas e contos para soñar... se sen deixarmos atrás a música e as cantigas porque teremos pianos que contan e música verquida dende as palabras...
Actividades para todas e todos, para gozarmos de lendas e historias; para achegarmos á ciencia de xeito lúdico e doado; para reflexionarmos sobre o coidado que habemos de lles prestar ao mar e ao medio en xeral...
"Xan das ondas" farase con intérprete de lingua de signos.
Volver atrás