Esta actividade pertence ao programa:
CONCERTOS DE MÚSICA INFANTIL
<p> </p>
<p>Nestas actividades manteranse todas as normas sanitarias que por mor da COVID 19 hai que cumprir neste tipio de espectáculos.</p>
Concertos infantís nas carpas instaladas no Calvario, O Berbés e Navia, por mor das datas de Samaín e Magosto, as fins de semana dende o 31 de outubro até o 15 de novembro.
Música Miúda en concerto é un espectáculo musical nun formato eléctrico: voces, guitarras, percusión e baixo. Música e espectáculo para toda a familia.
Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo. Neste concerto, Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e a guitarra, nun espectáculo individual creado polo propio autor, onde a interacción e participación coas nenas e nenos, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o público.
Pablo Díaz en concerto. Achegaranos distintos concertos de música infantil para gozarmos nestes días
Volver atrás