Duplo R xorde de unir a regueifa e o rap. A cultura hiphop é un referente entre a mocidade mentres a regueifa é un mundo alleo. Para lograr a atención desta franxa de idade na regueifa e na nosa lingua é necesario facelo dende o que eles valoran e aprecian. Preténdese que vexan ao galego como unha lingua da modernidade e que vai cos novos tempos. Unha lingua que é válida para a nosa tradición e para as novas tendencias que acollemos.
Duplo R
Campaña para fomentar o uso do galego entre a mocidade de Vigo.
Programa pechado.