SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Actividades

Actividades

Documentación
Cartel da actividade

Esta actividade pertence ao programa:

Festas cíclicas

Tempo de san Xoán (xuño 2019)

Tempo de san Xoán (xuño 2019)

A Concellaría de Normalización Lingüística en colaboración coa Casa da Xuventude e co Centro Cultural de Matamá organiza estas actividades baseadas no tempo de san Xoán.

 

Haberá:

un obradoiro de 12 horas na Casa da Xuventude

e o domingo 23 de xuño unha charla e paseo pola parroquia de Matamá

NA CASA DA XUVENTUDE (rúa López Mora, 31)
    Obradoiro tempo de san Xoán. Un paseo pola vexetación e cultura

    Datas: 4, 6, 11, 13, 18 e 20 de xuño de 2019
    Horario: de 18:00 a 20:00
    12 horas (6 h de parte teórica e 6 h de parte práctica)

PARTE TEÓRICA:
*Aula 1 "Que baila o sol cando nace"*
-O solsticio de verán dentro do ciclo festivo galego
-O sol, a auga, o lume e a vexetación
*Aula 2 "Cun pozo e un malvar, boticario dun lugar"*
-As plantas de San Xoán: identificación propiedades...
-As froiteiras
*Aula 3 "Por ser noite de San Xoán, téñoche medo Maruxa"*
-As crenzas e costumes
-O mundo mitolóxico de Antonio Fraguas
-Escolma literaria


PARTE PRÁCTICA estará dedicada a preparados de 9 plantas do San Xoán. Decoccións, cataplasmas, emplastos, oleatos (aceites macerados), infusións, vinagres, ungüentos e un licor (de ruda).
*Aula 1 "O hipérico, a ruda e o sabugueiro"*
*Aula 2 "O romeu, as mentas e o tormentelo"*
*Aula 3 "A arzaia, a herba luísa e a herba cidreira"*

Inscricións de balde na web do Servizo de Normalización Lingüística cubrindo o formulario https://snl.vigo.org/inscricion (poñer na actividade: herbas de san Xoán)

 


NO CENTRO CULTURAL DE MATAMÁ (rúa dos Canteiros, 53)
    Domingo, 23 de xuño de 2019
    Duración aproximada: 3 horas
    
    CHARLA: A orixe pagá: o lume, a auga, a vexetación. O cacho. Formas de elaboración. Ás 17:30 h

    PASEO: POLA PARROQUIA, DENDE O CENTRO CULTURAL a partir das 18:30 h.

Non é necesaria inscrición para esta actividade en Matamá.

Colleita e explicación de todas as herbas aromáticas e medicinais que aparezan durante o percorrido. Salientamos a moita variedade de plantas e o elevado valor cultural dalgunhas delas.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS TOPONIMIA DE VIGO RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL