Esta actividade pertence ao programa:
Presentación do libro de toponimia de Beade
Continúa a publicación dos volumes que recollen a toponimia das parroquias do val de Fragoso.
Presentamos o 3.º volume da colección "Toponimia do val do fragoso" que corresponde á parroquia de Beade. O traballo de campo e a redacción do libro foi realizado conxuntamente por Gonzalo Navaza e Lorena Carrasco.
Este labor de recollida, recuperación e posta en valor da toponimia viguesa é froito da colaboración da Concellaría de Normalización Lingüística e da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e sempre grazas ás achegas, descubertas e tesouros que nos ofrecen e comparten as xentes que viven e viviron nestas terras. Grazas á colaboración da asociación veciñal e da Comunidade de Montes de Beade
Moitas grazas a todas as persoas que fixestes e facedes posible que coñezamos anacos da nosa historia que nos permita seguir tecendo o noso futuro, un futuro de noso!!