SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Actividades

Actividades

Documentación
Cartel do percorrido

Esta actividade pertence aos programas:

Vigo literario

Meu: coñecéndonos, descubríndonos

Percorrido literario "Sombras no Ensanche" do 24 de marzo de 2018

Percorrido literario "Sombras no Ensanche" do 24 de marzo de 2018

SÁBADO, 24 DE MARZO DE 2018

Hora de saída: ás 11:00 (só poden asistir as persoas previamente inscritas)

Punto de encontro: saída desde “Detrás do MARCO” - rúa de Londres
Duración aproximada: 2 horas e media (levar calzado cómodo)

Inscrición: deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 a 14.30 h

Guiado pola autora da novela, Clara do Roxo

PERCORRIDO: Saída desde “Detrás do MARCO” rúa de Londres. Príncipe-Porta do Sol- baixada pola rúa de Carral. Alameda. Rúa do Areal ata o edificio Bonín. Subida pola rúa do Porto ata edificio Curvera en García Barbón. Subida á rúa de Uruguai polas escaleiras de Santiago de Vigo. Subida por República Arxentina ata o edificio Polar en Urzaiz. Baixada por Colón ata Marqués de Valladares. Subida por Reconquista ata Policarpo Sanz. Remate na Porta do Sol.

ENSANCHE DE VIGO
O derrubamento da muralla do centro histórico no ano 1861 marca o comezo dunha nova cidade. Poucos anos máis tarde, proxéctase o Ensanche de Nova Poboación. O novo plan urbanístico principia un modelo de cidade pensado pola burguesía local, que comezaba a ter unha influencia destacada na sociedade viguesa.
Esa burguesía industrial, non ilustrada pero fachendosa e cosmopolita, encargou construír edificios aos máis prestixiosos arquitectos da cidade, para que reflectisen o seu status e o seu gusto polas correntes artísticas europeas como símbolo de modernidade.
Os diferentes ensanches de Vigo, dende finais do século XIX ata metade do século XX, unha vez esquecido o tranvía, representan un legado cultural que se debe poñer en valor, non só pola calidade estética, senón tamén porque representan un xeito de entender a cidade, de antepoñer o traballo ben feito fronte a obxectivos máis lucrativos.

SINOPSE DA NOVELA. VIGO 2017
A novela Sombras no Ensanche discorre por rúas e edificios desta zona viguesa, hoxe centro de negocios e comercial, símbolo de posmodernidade e globalización. A autora, ademais de ambientar a súa historia nesta zona da cidade, trasládanos a un tempo futuro, pode que non moi afastado, que describe e anticipa onde nos pode levar o modelo de sociedade que estamos construír.
Os recordos da súa familia farán que Xocas, un adolescente sobranceiro en matemáticas, loite por saír adiante nunha contorna hostil nun Vigo tomado e controlado, onde o Ensanche e os seus edificios e museos son os escenarios da trama.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS TOPONIMIA DE VIGO RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL