Percorrido literario "A voz das Nereidas-praias" o 15 de setembro de 2018
Percorrido literario o vindeiro 15 de setembro con Santiago Lopo
É un percorrido circular que se poderá facer pola area da praia e/ou polos sendeiros con táboas de madeira habilitados nas dunas. O percorrido será: praia do Vao, praia do Baluarte, e praia da Fontaíña. Remataremos o percorrido de ida no cruceiro e na estatua da “sereíña” (no extremo norte da Fontaíña) e logo, regresaremos. Durante o camiño realizaranse paradas e falaremos dos lugares onde se desenvolve a novela, da historia de illa de Toralla, do Vigo romano, da tradición mariñeira, dos areais e da toponimia da zona. Tamén se lerá algún extracto da novela.
DATA: 15 de setembro
HORA: 11.00
LUGAR: ponte de Toralla (no Vao)
INSCRICIÓN: a partir do vindeiro luns 10 de setembro
Volver atrás