SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Actividades

Actividades

Documentación
Cartel do percorrido

Esta actividade pertence aos programas:

Vigo literario

Meu: coñecéndonos, descubríndonos

Percorrido literario A VOZ DAS NEREIDAS-PRAIAS guiado polo autor da novela, Santiago Lopo, xuño 2018

Percorrido literario A VOZ DAS NEREIDAS-PRAIAS guiado polo autor da novela, Santiago Lopo, xuño 2018

PROXIMAMENTE, INFORMAREMOS DA NOVA DATA DE REALIZACIÓN DO PERCORRIDO

SÁBADO, 30 DE XUÑO DE 2018

Hora de saída: ás 11:00 (só poden asistir as persoas previamente inscritas)

Punto de encontro: saída desde a entrada na ponte de Toralla (no paso de peóns)

Duración aproximada: entre 1 hora e media e 2 horas (levar calzado cómodo)

 

PERCORRIDO: é un percorrido circular que se poderá facer pola area da praia e/ou polos sendeiros con táboas de madeira habilitados nas dunas. A marea estará baixa durante a andaia. O percorrido será: praia do Vao, praia do Baluarte, e praia da Fontaíña. Remataremos o percorrido de ida no cruceiro e na estatua da “sereíña” (no extremo norte da Fontaíña) e logo, regresaremos. Durante o camiño realizaranse paradas e falaremos dos lugares onde se desenvolve a novela, da historia de illa de Toralla, do Vigo romano, da tradición mariñeira, dos areais e da toponimia da zona. Tamén se lerá algún extracto da novela.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL