Percorrido literario "A voz das Nereidas-praias" (27 abril 2019)
Percorrido literario guiado polo autor da novela, Santiago Lopo
SÁBADO, 27 DE ABRIL DE 2019
Hora de saída: ás 11:00 (só poden asistir as persoas previamente inscritas)
Punto de encontro: saída desde a entrada na ponte de Toralla (no paso de peóns)
Duración aproximada: entre 1 hora e media e 2 horas (cómpre levar calzado cómodo)
Prazo de inscrición: dende o luns 22 de abril e ata completar as prazas
Inscrición: deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 a 13:30 h e facilitarnos nome, apelidos e teléfono de contacto
E un percorrido circular que se poderá facer pola area da praia e/ou polos sendeiros con táboas de madeira habilitados nas dunas. O percorrido será: praia do Vao, praia do Baluarte, e praia da Fontaíña. Remataremos o percorrido de ida no cruceiro e na estatua da “sereíña” (no extremo norte da Fontaíña) e logo, regresaremos. Durante o camiño realizaranse paradas e falaremos dos lugares onde se desenvolve a novela, da historia de illa de Toralla, do Vigo romano, da tradición mariñeira, dos areais e da toponimia da zona. Tamén se lerá algún extracto da novela.
Volver atrás