SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Actividades

Actividades

Documentación
Cartel do percorrido

Esta actividade pertence ao programa:

Meu: coñecéndonos, descubríndonos

Percorrido do curso da auga doce o sábado 14 de abril de 2018

Percorrido do curso da auga doce o sábado 14 de abril de 2018

O CURSO DA AUGA DOCE

O vindeiro sábado, 14, ás 11.00 h levaremos a cabo, de nolo permitir a choiva, un percorrido guiado pola parroquia de Matamá para coñecermos o bosque de ribeira e que rematará no muíño da Regueira.

Comeza o percorrido diante da capela de Sto. Amaro (Matamá)

Esta actividade está dentro do programa do curso de lingua galega "O Curso da Auga" como remate deste.

Con todo, xente interesada pode realizalo con nós malia non teren asistido.

Cómpre levar zapato ben cómodo e apto para terreos enchoupados, xa que imos estar sempre por terreos, predios, leiras... ao carón dun regato e mesmo cruzando este en ocasións.

Para rematar, visitaremos o muíño da Regueira e veremos como moe o gran para facer fariña.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL