PRAZO DE INSCRICIÓN
PECHADO
Esta actividade pertence ao programa:
Percorrido con Rosalía: O Vigo do Cantares
Inscrición de balde.
DIRIXIDO: a todas as persoas con interese por coñecer a relación de Rosalía de Castro coa cidade de Vigo
DURACIÓN: 2 horas
Lugar e hora de saída: Oliveira do Paseo de Afonso XII ás 11 horas (leven calzado cómodo) google maps
Paseo guiado por Xurxo Martínez González.
Vigo da man de Rosalía de Castro pola Zona Vella de Vigo levaranos a coñecer a cidade no século XIX, os cambios sociais e políticos producidos tras a Reconquista. Valorar o esforzo dunha elite intelectual viguesa que se ofreceu á cultura. Descubrir os lugares concretos das persoas que tiveron relación directa coa publicación de Cantares gallegos; saber que na rúa Real Juan Compañel mantiña a imprenta do Rexurdimento...
Un paseo polo Vigo dos nosos devanceiros que nos axudará a completar o relato de cidade traballadora e industrial xa que Vigo tamén foi, e é, cidade cultural.
PUNTOS DE INTERESE:
OLIVEIRA
PRAZA DO PEÑASCO: falaremos sobre a importancia do movemento industrial; o desenvolvemento da burguesía, os cambios arquitectónicos que se ían producindo daquela...
RÚA CHAO: darase a coñecer a relación da familia Chao con Vigo e con Rosalía de Castro. A importancia dos irmáns Chao, sobre maneira de Alejandro Chao...
RÚA REAL: faremos dúas paradas; unha diante do que foi a sede da provincia de Vigo. O que nos levará a falar sobre o significado que tivo sermos provincia e a súa relación coa chegada a Vigo da imprenta. E xa daquela, da relevancia cultural do Vigo do momento.
A seguinte será diante da imprenta de Compañel, onde falaremos da Rosalía dos Cantares.
RÚA OLIVA: fronte onde estaba a imprenta de Faro de Vigo, local de Ángel Lema.
BIBLIOTECA JUAN COMPAÑEL, sede do antigo Casino de Vigo. A importancia do seu presidente, mecenas de Rosalía de Castro, por ter posto os cartos para que houbese a imprenta de Compañel en Vigo. Relevancia do Casino.
PRAZA DA CONSTITUCIÓN, onde estaba a botica de José María Chao. Sobre o movemento cultural, social e político que se producía na rebotica.
Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.