SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Actividades

Actividades

Esta actividade pertence ao programa:

Festas cíclicas

Os Maios 2018

Os Maios 2018

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza esta actividade para celebrar a chegada da primavera

Festa cíclica presente na cultura rural europea dende tempos inmemoriais.

Manifestación agraria a través da cal as xentes do campo celebraban o traballo da recollida dos froitos da primavera, representada no maio, adornando con elementos vexetais e froitos do campo.

A rapazada levará a cabo a danza das cintas, despois dun pequeno obradoiro de aprendizaxe.

Duración: 60 - 90 minutos

Para todos os públicos

Días (abril-maio) / Hora / Lugar

30 (abril) luns 18:00 No Calvario (diante do mercado,Urzaiz, 183) (colaboración de ACECA-Asociación de Comerciantes do Calvario- e do mercado do Calvario)

5 (maio) sábado 12:00 En Navia (entre os números 18 e 20 da rúa As Teixugueiras) (colaboración da A.VV. Novo Vigo)

8 (maio) martes 18:00 En Coia, praza da Gurulla (entrando pola rúa Baiona, preto da gasolineira) (colaboración coa Concellaría de Xuventude)

9 (maio) mércores 18:00 Na praza da Independencia (colaboración coa Concellaría de Xuventude)

11 (maio) venres 18:00 En Bouzas (na alameda praza Suárez Llanos) (colaboración da A.C. Vila de Bouzas)

12 (maio) sábado 11:30 En Teis (diante do mercado, rúa Toural de Abaixo cara á Sanjurjo Badía) (colaboración do mercado de Teis)

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS TOPONIMIA DE VIGO RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL