Esta actividade pertence ao programa:
Obradoiro: As castañas. O ciclo de invernía (outubro 2020)
Días: 13, 15, 20, 22 (de 17:30 a 20:00) e 27, 29 (de 17:30 a 19:30) de outubro de 2020
Lugar: Auditorio Mar de Vigo (entrega pola porta da UNED-Avda. Beiramar, 59)
Impartido por: Faia-educación ambiental
INSCRICIÓN: de balde, realizarase na páxina web da Concellaría de Normalización Lingüística (snl.vigo.org) cubrindo o formulario inscrición (É necesario poner no título de actividade: castañas)
Obradoiro dirixido a maiores de 16 anos.
Temática: Os soutos, as súas funcións. As micorrizas. Variedades da castaña. Os traballos nos soutos. Construciónes achegadas á terra. Antropoloxía arredor da castaña. Os magostos. Toponimia. Receitas con castañas. O castiñeiro, árbore caducifolia. A hibernación do castiñeiro. A tradición oral.
Duración total: 14 horas
Por mor da Covid-19, as persoas deben levar máscara e material propio. Terán que cumprir as normas do protocolo Covid que se establecerá para o obradoiro.
O protocolo achegaráselles para o seu coñecemento no momento de preinscrición e terá que ser remitido (asinado) ao Servizo de Normalización Lingüística 1 día antes do inicio do obradoiro.
Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.
Volver atrás