Esta actividade pertence ao programa:
Obradoiro "A cultura do mar" (novembro-decembro 2019)
DIRIXIDO: a maiores de 16 anos
TEMÁTICA: achegamento á cultura do mar: tipos de embarcacións, a evolución da cidade e a súa relación co mar, as mulleres e o mar: redeiras, conserveiras... A talasonimia. Elaboración de pan de algas.
DURACIÓN: 21 horas (15 h teóricas, 4 h prácticas e 2 h de saída)
DÍAS E HORAS: 26 e 28 de novembro; 10, 12, 17 e 19 de decembro de 2019 de 17:30 a 20:00 (prégase puntualidade) -horas teóricas
3 de decembro de 16:30 a 20:30 -horas prácticas
LUGAR: Casa da Xuventude (López Mora, 31)
SAÍDA: 21 de decembro de 10:00 a 12:00 h. Percorrido para descubrir e identificar os seres das zonas intermareais: algas pardas, vermellas e verdes; area, liques costeiros, moluscos, crustáceos... O transporte será por conta das persoas que asistan.
A inscrición realízase na páxina web da Concellaría de Normalización Lingüística (snl.vigo.org) cubrindo o formulario https://snl.vigo.org/inscricion (Cómpre poñer no asunto: mar)
Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.