Cursos de iniciación á lingua galega (niveis 0 e 1) outubro-novembro 2021
A Concellaría de Normalización Lingüística organiza cursos de iniciación á lingua galega, niveis 0 e 1.
O vindeiro 4 de outubro comezan dous cursos de iniciación á lingua galega. O nivel 0 (horario de mañá) está destinado a quen careza de coñecementos de lingua galega. O nivel 1 (horario de tarde) a quen teña uns mínimos coñecementos de galego. Os cursos son de balde, e para se inscribir cómpre cubrir o formulario que se relaciona na información, ou nesta mesma páxina no apartado "inscrición". Ha de se indicar para que curso se inscribe.
Os cursos van realizarse no auditorio Mar de Vigo, na planta 5ª (aula número 8)-entrada pola porta da UNED, Avda. de Beiramar, 57
Ligazón co google maps do lugar de entrada
Achegamos información detallada dos cursos e as programacións.
Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.