Esta actividade pertence ao programa:
24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA
Celebramos hoxe, 24 de febreiro -data de nacemento de Rosalía de Castro- o DÍA DE ROSALÍA. Con esta celebración queremos homenaxear a autora galega máis universal, e escritora que propiciou o espertar de Galicia e da lingua galega. A súa obra Cantares Gallegos, foi publicada en Vigo, na imprenta de Juan Compañel o 17 de maio de 1863.
O Concello de Vigo celebra este día con diferentes actividades.
Recitado de poemas de Rosalía en diferentes linguas: galego,alemán, árabe, castelán, catalán, checo, chinés, eslovaco, esperanto, francés, hebreo, húngaro, inglés, italiano, polaco, portugés, portugués de Brasil, rumano, ruso, turco, vietnamita, wólof e xaponés.
Esta actividade foi posible grazas á colaboración de profesorado e alumnado de centros de ensino vigueses: CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro, CEIP Otero Pedrayo, CEIP Vicente Risco, EPA Artes e Oficios "Berbés", CPR Plurilingüe Don Bosco, CPR Plurilingüe Padre Míguez-Calasancias, CPR Plurilingüe María Auxiliadora, Escola Rosalía de Castro. Asemade contamos coa achega de alumnado do programa Erasmus da UVigo, de profesorado e alumnado da EOI, da Asociación de Eslavos de Galicia. Xunto coa colaboración da Biblioteca Municipal Neira Vilas. Participa a Fundación Rosalía de Castro, coa achega do seu presindete. E contamos tamén coa lectura de versos por parte do alcalde, presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra e concelleiros e concelleiras de Vigo.
Esta actividade ten un dobre obxectivo: pór de relevo á universalidade de Rosalía e celebrar, asemade, o Día da Lingua Materna, 21 de febreiro. Son moitas as viguesas e vigueses que teñen lingua de seu propia e que cómpre poñela de relevo. Lingua coma a nosa na que están escritos estes versos e que cómpre reivindicar tamén a súa universalidade.
O vídeo desta actividade poderá verse, a partir das 12:00 h, na canle Youtube do Concello de Vigo. Velaí o enlace: https://www.youtube.com/watch?v=lj4MhhB58qo&feature=youtu.be
Tamén permanecerá nesta páxina.
Poemas de Rosalía nas pantallas dos Vitrasas. Como vedes, súmase tamén VITRASA á esta homenaxe. Dende hoxe até o 3 de marzo, nas súas pantalleas aparecerán versos rosalianos, e tamén versos dos poemas que Curros Enríquez e Ramón Cabanillas lle dedicaron a Rosalía de Castro.
O Vigo de Rosalía: paseo literario. Este paseo que nos achega ao Vigo que camiñou e no que viviu Rosalía adoitabamos facelo paseando as rúas da zona vella, acompañados do autor do paseo, Xurxo Martínez. Mais ante esta situación que nos limita nas actividades presencias, consideramos achegalo virtualmente a través da nosa páxina:https://snl.vigo.org/paseos-literarios/o-vigo-de-rosalia
Tamén poderá "realizarse" este paseo a través da app do Concello de Vigo. Activarémolo ao longo da mañá.
E, para conmemorar est data, realizamos un marcapáxinas.
Volver atrás