"ROCKEANDO CON RAMONA ÓRBITA", no VERBUM o sábado 14 de maio ás 12:30
Actividade rematada"Rockeando con Ramona Órbita" é un espectáculo musical do rockeiro e guitarreiro Pakolas. Un concerto para bailar e cantar en familia.
Ver máis…"Rockeando con Ramona Órbita" é un espectáculo musical do rockeiro e guitarreiro Pakolas. Un concerto para bailar e cantar en familia.
Ver máis…Programa de actividades para celebrarmos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Ver máis…Días: 5, 10, 12, 19, 24, 26, 31 de maio; 2 de xuño de 2022
Horario: de 17:00 a 19:00
Lugar: edificio Mar de Vigo, planta 5º aula núm. 7 (entrada pola porta da UNED, Avda. de Beiramar, 57) google maps
Saída: Para recoñecemento das plantas do San Xoán, 22 de xuño
Inscricións de balde. Deben enviar un correo electrónico co seu nome completo e teléfono de contacto a actividades.snl@vigo.org (poñer no asunto: árbores)
Ver máis…DÍAS: 5, 10, 12 e 19 de maio
HORARIO: 17:00 a 20:00
LUGAR: Verbum (Avda. de Samil, 17) google maps
Inscricións de balde. Deben enviar un correo electrónico co seu nome completo e teléfono de contacto a actividades.snl@vigo.org (poñer no asunto: biblioteca)
Obradoiro para nos achegar, dende a narración oral, á lingua de signos
Este obradoiro de 6 horas de duración terá continuidade tras o verán, cunha acción formativa máis extensa.
Martes 26 de abril e 3 de maio, de 5 a 8 da tarde no Verbum
Ver máis…
Primeiro certame do Concello de Vigo de creación de xogos de mesa en galego para público infantil e familiar "Xoga en galego"
Ver máis…A Real Academia Galega xa ten en marcha a nova edición de Primavera das Letras, dedicada a Florencio Delgado Gurriarán, protagonista do Día das Letras Galegas 2022.
Na páxina web deste proxecto dirixido ao público infantil, primaveradasletras.gal, pode descargarse a biografía do autor escrita por Ledicia Costas e ilustrada por Blanca Millán.
O espazo irase enriquecendo con novas actividades interactivas, fichas para colorear e outros recursos arredor do universo vital e literario de Delgado Gurriarán, concibidos para abordar cos nenos e nenas tanto contidos lingüísticos e literarios como outros transversais.
A RAG convoca ademais, ao abeiro deste proxecto, o concurso escolar Contádenos o voso Día das Letras co propósito de promover un espazo de participación para que os centros educativos amosen como celebran a gran festa da nosa lingua.
RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2022 (código de procedementoPL500C).
Ver máis…O Festival Atlántica celebra o Día Internacional da Narración Oral con espectáculos e lectura do Manifesto