• A Concellaría
  • SNL
  • CIOV
  • Recursos
  • Lexislación
  • Contacto
  • Facebook
Logo Vigo en Galego
  • Inicio
  • Novas
  • Actividades
  • Formación
  • Programas
  • Biblioteca
  • Consultas
  • Inscricións
  • Subscricións
Logo Concello de Vigo

SNL

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Vigo é unha ferramenta a disposición de toda a cidadanía.

SNL

As funcións principais do SNL son:
FormaciónAsesoramentoInformaciónDinamización

CIOV

O Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo nace para pór en valor o legado patrimonial e cultural da literatura oral.

CIOV

Os dous piares do CIOV son:
FormaciónDinamización
  • Curso EN LIÑA de iniciación á escrita creativa (febreiro-marzo-abril 2021)
    Formación

    Curso EN LIÑA de iniciación á escrita creativa (febreiro-marzo-abril 2021)

    NON HAI PRAZAS VACANTES. Non envíen máis solicitudes de inscrición

    Días e horario: (os xoves) 4, 11, 18, 25 de febreiro, 4, 11, 18, 25 de marzo e 8, 15, 22 de abril de 2021; de 19:00 a 21:00


    Lugar: En liña (É necesaria a puntualidade na incorporación e na desconexión da clase en liña. No caso de incumprimento, non recibirán diploma de asistencia)


    Inscrición: De balde, realízase na páxina web da Concellaría de Normalización Lingüística cubrindo o formulario inscrición (Deben encher todos os datos e poñer no título da actividade: escrita creativa)


    Requisitos técnicos: Dispoñer dun ordenador/tablet con micrófono e altofalantes, cámara e unha boa conexión a internet

    Ver máis >
  • Curso EN LIÑA de Narración oral (febreiro 2021)
    Formación

    Curso EN LIÑA de Narración oral (febreiro 2021)

    PECHADA A INSCRICIÓN. Non envíen máis solicitudes de inscrición

    Obradoiro Reinventar a tradición impartido por Paula Carballeira

    Datas:    Xoves 4, venres 5, xoves 11 e venres 12 de febreiro de 2021
    Horario:    De 17:00 h a 20:00 h (3 horas cada día. Total do curso: 12 horas)

    É necesaria a puntualidade na incorporación e na desconexión da clase en liña. No caso de incumprimento, non recibirán diploma de asistencia

    Lugar:    En liña
    Inscrición:    de balde na web do Servizo de Normalización Lingüística cubrindo o formulario inscrición (deben poñer no título da actividade: narración oral)

     

    Requisitos técnicos: Dispoñer dun ordenador/tablet con micrófono e altofalantes, cámara e unha boa conexión a internet

     

     

    Ver máis >
  • Cursos EN LIÑA de iniciación á lingua galega, nivel cero e nivel 1 (febreiro-marzo 2021)
    Formación

    Cursos EN LIÑA de iniciación á lingua galega, nivel cero e nivel 1 (febreiro-marzo 2021)

    PECHADA A INSCRICIÓN. Non envíen máis solicitudes de inscrición

    NIVEL CERO:

    O curso en liña de 40 horas, é de balde

    Datas: Todos os luns e os mércores do 1 de febreiro ao 15 de marzo de 2021 (1, 3, 8, 10, 15, 17, 22, 24 febreiro; 1, 3, 8, 10, 15 marzo)

    É necesaria a puntualidade na incorporación e na desconexión da clase en liña. No caso de incumprimento, non recibirán diploma de asistencia

    Horario: De 17:30 a 20:30 h

    Requisitos técnicos: Dispoñer dun ordenador/tablet con micrófono e altofalantes, cámara e unha boa conexión a internet

     

    Para inscribirse deben encher e enviar a ficha que figura na páxina web: inscricións. É necesario que cubran todos os datos e no título da actividade poñer: curso galego nivel cero

     

    NIVEL 1:

    O curso, que se realizará en liña, consta de 40 horas, é de balde
    Datas: Todos os luns e os mércores do 1 de febreiro ao 15 de marzo de 2021 (1, 3, 8, 10, 15, 17, 22, 24 febreiro; 1, 3, 8, 10, 15 marzo)
    É necesaria a puntualidade na incorporación e na desconexión da clase en liña. No caso de incumprimento, non recibirán diploma de asistencia
    Horario: De 11:00 a 14:00 h
    Requisitos técnicos: Dispoñer dun ordenador/tablet con micrófono e altofalantes, cámara e unha boa conexión a internet


    *IMPORTANTE: No primeiro día de clase, realizarase unha proba de nivel que acredite un coñecemento básico do idioma, co obxecto de garantir un mellor aproveitamento do curso.

    Para inscribirse deben encher e enviar a ficha que figura na páxina web: inscricións. É necesario que cubran todos os datos e no título da actividade poñer: curso galego nivel 1


    Pinche no botón: Ver máis (en cor rosa escuro)

     

     

    Ver máis >
  • Toponimia do Val do Fragoso. 7 Candeán
    Novas

    Toponimia do Val do Fragoso. 7 Candeán

    Entrégase de balde na oficina de Normalización Lingüística da Casa do Concello (praza do Rei, 1-1.ª planta)

    Volume 7 da Toponimia Val do Fragoso

    Ver máis >
  • Cursos de Celga e de linguaxe administrativa galega (LAG) para realizar a partir de FEBREIRO 2021
    Formación

    Cursos de Celga e de linguaxe administrativa galega (LAG) para realizar a partir de FEBREIRO 2021

    Rematado o prazo de inscrición

    A XUNTA DE GALICIA (Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional) no DOG número 161 do mércores, 12 de agosto de 2020, páxina 32032 e seguintes; convoca a Resolución da realización de cursos GRATUÍTOS de Celga e de lingua administrativa galega (LAG) na Escola Oficial de Idiomas de Vigo (Avda. Emilio Martínez Garrido, 17)

    Ver máis >
  • Vídeos de "No Nadal... un conto"
    Actividades Actividades familiares Actividades infantís

    Vídeos de "No Nadal... un conto"

    Cantos, contos, versos, historias... para pasar un Nadal en familia

    Ver máis >
  • Xogos familiares para Nadal
    Actividades Actividades familiares

    Xogos familiares para Nadal

    Xogos de mesa para que toda a familia poida pasar un rato divertido.

    Ver máis >
  • Nadal en Bouzas 2020
    Novas

    Nadal en Bouzas 2020

    PECHADA A INSCRICIÓN. Non envíen máis solicitudes de inscrición

    A Asociación Cultural da Vila de Bouzas quere presentarvos a campaña para este Nadal tan difícil e distinto que vai tocar vivir.

    O concurso de decoración de fachadas de Nadal,  en Bouzas o ano pasado foi un éxito e este ano, repetirémolo, pero con cambios importantes.

    No Nadal 2019 foron os negocios de Bouzas os que donaron os agasallos, que consistían en productos ou servizos dos comercios, hostelería, perruquerías, ximnasios, etc. 

    Este ano, non o están a pasar ben, a pandemia afectou ou freou de cheo as súas vendas, polo que non nos vemos lexitimados a pedirlle un esforzo económico.

    Entón, dámoslle a volta e seremos nós, os veciños e veciñas de Bouzas os que nestas festas, adornemos de maneira solidaria e sen ningún premio a cambio as nosas xanelas, balcóns, portas, cun único obxetivo: dinamizar e animar Bouzas, de modo que sexa unha actitude de amizade cara á veciñanza, á xente que pasea por Bouzas, aos negocios de Bouzas, de aí o seu nome
    "APERTAS DENDE A XANELA".

    Os negocios tamén entran no concurso, adornando os seus escaparates ou exteriores dos locais.

    Ver máis >
  • Obradoiro de Slam EN LIÑA (decembro 2020)
    Formación

    Obradoiro de Slam EN LIÑA (decembro 2020)

    Actividade rematada

    CURSO EN LIÑA, o alumnado debe dispoñer de ordenador ou tablet con micrófono e altofalantes para poder seguir as aulas (non se pode utilizar un teléfono móbil)
    Días: 14, 15 e 16 de decembro de 2020
    Horario: de 17:30 a 20:30
    O curso é gratuíto.

    Impartido por: Silvia Penas

    Inscrición: a través da páxina web do snl en inscrición (deben poñer no título da actividade: slam)

    Ver máis >
  • «
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • ...
  • 32
  • 33
  • »
Logo Concello de Vigo
Concellaría de Normalización Lingüística

Praza do Rei, 1 - 36202 Vigo - Galicia
ofi.normalizacion@vigo.org
986 810 281

  • Política de privacidade
  • Aviso legal
  • Accesibilidade
Copyright 2020 © Concello de Vigo
  • Inicio
  • Novas
  • Actividades
  • Formación
  • Programas
  • Biblioteca
  • Consultas
  • Inscricións
  • Subscricións
  • A Concellaría
  • SNL
  • CIOV
  • Recursos
  • Lexislación
  • Contacto
  • Facebook