Na xeografía cultural e histórica de Galicia houbo un suceso
que marcou para sempre o inicio dun proxecto de dignidade,
dun camiño compartido, dunha esperanza de mellora para o
noso pobo que nos foi modelando e nos trouxo ata aquí. Ese
feito non foi unha guerra nin unha descoberta: foi un libro, foi
a publicación de Cantares gallegos. E ese feito ten un nome
e ten un lugar. O nome é Rosalía de Castro, o lugar é Vigo.
Alumea a túa lingua
Programa "Alumea a túa lingua" da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
Programa pechado.