XOGA EN GALEGO, abril 2022
Primeiro certame do Concello de Vigo de creación de xogos de mesa en galego para público infantil e familiar "Xoga en galego"
O Concello de Vigo, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, organiza o primeiro certame do Concello de Vigo de creación de xogos de mesa en galego para público infantil e familiar "Xoga en galego".
No concurso pódese participar de xeito individual e/ou en grupos. O requisito imprescindible é aceptar e coñecer as bases do concurso que podedes consultar nesta web da Concellaría de Normalización Lingüística.
Informámosvos tamén de que imos realizar o vindeiro 29 de abril (venres) no Verbum, dúas actividades informativas e complementarias sobre este certame: un obradoiro dirixido a familias con crianzas a partir de 4 anos e unha xornada (in)formativa sobre o propio certame, na que se achegarán recomendacións e consellos para crear xogos de mesa.
OBRADOIRO FAMILIAR
Somos xogo! A quen non lle gusta xogar? Imos coñecer algúns dos fantásticos xogos presentados no certame "Xoga en galego!" e dar algunhas pistas para crear nos nosos propios. Comezamos a partida?
XORNADA INFORMATIVA PARA PÚBLICO ADULTO
Xornada informativa sobre o certame, na que se achegarán recomendacións prácticas para o deseño de xogos de mesa
Volver atrás