XII Edición do Premio de Narrativa Breve Repsol 2018
Convócase o XII Premio de Narrativa Breve Repsol co fin de dinamizar o uso do galego e o desenvolvemento da narrativa escrita na lingua propia de Galicia.
Ao certame poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen, excepto a persoa gañadora da edición anterior, cunha novela curta escrita en galego, conforme a normativa establecida pola Real Academia Galega.
As novelas, que serán orixinais e inéditas en todos os formatos, terán unha extensión non inferior a 50 folios nin superior a 120.
O envío de orixinais deberá realizarse antes do 31 de xullo de 2018.
O xurado estará conformado por persoeiros de recoñecido prestixio no ámbito literario e cultural, nomeados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola Fundación Repsol, pola Real Academia Galega, pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e pola Editorial galaxia.
A contía do premio (12.000 euros) inclúe a adquisición dos dereitos de explotación da primeira edición en galego de ata un máximo de 1.500 exemplares do texto gañador, que serán publicados pola Editorial Galaxia.
Volver atrás