SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Actividades

Actividades

Esta actividade pertence ao programa:

Vigo arrólate

VIGO ARRÓLATE, xullo 2018

VIGO ARRÓLATE, xullo 2018

VIGO ARRÓLATE é un programa dirixido a vós, familias que estades a preparar a chegada dunha ou dun novo membro, ou que acabades de o ter ou adoptar.

É unha proposta de dinamización da lingua galega a través de contos e música.

Actividades que agardamos sexan do voso interese e contarmos así coa vosa presenza e suxestións. As crianzas van ver en vós un espello, ides ser o modelo a seguir. O que lles faledes, cantedes, contedes, leades... vai prender nelas como xermolo do seu mañá. E queremos que ese xermolo prenda na lingua de noso, que acompañe os nosos cativos e cativas no seu medrar porque no seu futuro está tamén o da nosa lingua.

Vigo arrólate son contadas, música, xogos... para compartirdes coas vosas crianzas.

 

Estas actividades fanse en colaboración coa Concellaría de Xuventude e coa Biblioteca Neira Vilas.

 

Toda a información das actividades (data, lugar,  horario, para quen van dirixidas, por quen son realizadas e xeito de anotarse) está no "cartel das actividades"

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL