Esta actividade pertence ao programa:
VIGO ARRÓLATE! (primavera 2019)
Charlas, obradoiros, actividades dirixidas a familias e bebés nos meses de maio e xuño.
Charlas sobre alimentación, educar as emocións, disciplina positiva, actividades Montessori... Obradoiros de arrolos, música contada, contos musicados son algunhas das actividades que presenta esta nova programación de "Vigo arrólate!" nesta primavera.
Están dirixidas a familias que acabades de ter unha ou bebé, tendes cativos/as, ou ides adoptar.
Achegamos información máis detallada das actividades e iremos anunciado nesta páxina e no facebook, "vigoengalego" as actividades, xa que requiren inscrición previa e están limitadas a un número determinado de prazas (AS INSCRICIÓNS SERÁN TELEFÓNICAS -A MEDIDA QUE SE VAIA ABRINDO O PRAZO-, AGÁS NO VERBUM QUE SERÁN CON INVITACIÓN PREVIA)
As actividades son gratuítas
Volver atrás