SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Actividades

Actividades

Esta actividade pertence ao programa:

Vigo literario

Ruta literaria VICUS. Un lugar do común (07-03-2020)

Ruta literaria VICUS. Un lugar do común (07-03-2020)

Día: Sábado, 7 de marzo de 2020

Hora de saída: 11:00 (só poden asistir as persoas inscritas)

Punto de encontro: Paseo de Afonso XII, ao carón da fonte

Duración aproximada: 2 horas (cómpre levar calzado cómodo)

 

Prazo de inscrición: dende o 4 de marzo e ata completar as prazas.

Deben chamar ao teléfono 986 81 02 81 de 9:00 a 14:30 e facilitarnos nome, apelidos e teléfono de contacto

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza esta ruta, tendo como fío condutor a novela VICUS. Un lugar do común de Beto Luaces.

Percorrido:
1 - Inicio. Rúa da Subida ao Castelo. A casa de Senén Barreiro (páx. 20, 137)
2 - A panificadora / Asilo da rúa Pi i Margall (páx. 264, 280).
3 - Praza da Constitución (páx. 22, 23)
4 - Rúa dos Cesteiros, rúa Real (páx. 202).
5 - VICVS. Estudio de arquitectura. Rúa Alta (páx. 23)
6 - A taberna do Charrúa
    - Rúa de Teófilo LLorente (páx. 38)
    - O Mercado do Berbés
7 - A pasarela da Laxe:
    - O peiraro de Transatlánticos (páx. 14)
    - A lonxa de grandes peixes (páx. 253)
    - A dársena do Náutico (páx. 37)
    - Hotel Bahía (páx. 262)
8 - A Alameda (páx. 306)
    - Oficina de Correos (páx. 304)
9 - Rúa do Príncipe
    - O MARCO. Museo (páx. 351)
10 - Rúa de Urzaiz
   - Antigos domicilios de Celso Emilio Ferreiro (páx. 352) e Sanén Barreiro (páx. 353)

 


O protagonista é Senén Barreiro, arquitecto vigués que nun momento transcendental da súa vida vese na obriga de resolver un problema derivado do pasado dos seus pais como emigrantes en Caracas.
Alí Senén Barreiro baterá co mundo da emigración galega e cun libro de sona e ben polémico na nosa literatura.
De regreso a Vigo, a trama acelérase e xorde a poderosa e descoñecida Serra do Suído.
Senén Barreiro, acaba de cumprir cincuenta anos, está a observar a paisaxe nocturna desde a galería da casa paterna de Candeán, un arrabalde rural elevado de Vigo. Ás súas costas, está a se conformar a xuntanza familiar: é Noiteboa e el quere darlle á súa familia unha noticia importante.
Porén, nesa mesma noite, acontece algo que vai mudar para sempre a historia da familia Barreiro e, por suposto, a súa. Daquela, Senén recibe un encargo, que o vai levar a indagar no pasado familiar e a descubrir que o mundo da emigración galega, cando menos unha parte dela, non é como decote se contou de maneira oficial.

 

 


Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión,  oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL