Probas/Exames de Celgas: continuación dos prazos e inscrición e adiamento dos exames (2020)
RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2020, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se continúa o prazo de presentación de solicitudes e se adía a realización das probas convocadas mediante a Resolución do 6 de marzo de 2020 para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2020 (código de procedemento PL500C).
Ao resultar imposible manter como data para presentarse ás probas o mes de maio e/ou xuño de 2020, tal como recollía a Resolución do 6 de marzo, a realización destas adíase ata o mes de setembro e/ou outubro de 2020, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicitadas no DOG e neste portal.
Para máis información: Secretaría Xeral de Política Lingüística
Celga
Teléfono: 881 996 313 /881 996 310 / 881 996 308
Fax: 881 996 306
Enderezo electrónico: sxpl.probascelga@xunta.gal