Probas/Exames de Celga da XUNTA DE GALICIA (remata o prazo para presentar as solicitudes o 8 de abril)
Probas/Exames de Celga 1, 2, 3 e 4 que realizará a XUNTA DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua da XUNTA DE GALICIA, pola que se convocan as probas/exames para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4, no ano 2026 (código de procedemento PL500C)
Probas/Exames Celga 1, 2, 3 e 4 que realizará a XUNTA DE GALICIA.
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar entre a segunda quincena de maio e a primeira de xuño de 2026, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida.
As datas concretas serán debidamente publicadas no DOG-Diario Oficial de Galicia, así como no Portal da Lingua Galega da web da XUNTA DE GALICIA.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid.
As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse no Portal da Lingua Galega da XUNTA DE GALICIA xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.
As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente.
O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame será do 16 de marzo ao 8 de abril.
Volver atrás