SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Novas

Novas

Probas/Exames de Celga da XUNTA DE GALICIA (remata o prazo para presentar as solicitudes o 7 de outubro)

Probas/Exames de Celga da XUNTA DE GALICIA (remata o prazo para presentar as solicitudes o 7 de outubro)

INFORMACIÓN:

Probas/Exames de Celga 2, 3 e 4 que realizará a XUNTA DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua da XUNTA DE GALICIA, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas/exames para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2026 (código de procedemento PL500C)

As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid e terán lugar os días 14, 15, 21 e 22 de novembro, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida.

As sedes e horarios para a realización das probas publicaranse no Portal da Lingua da XUNTA DE GALICIA xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente (código 304401). No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral da Lingua.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia: do 17 de setembro ao 7 de outubro.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS TOPONIMIA DE VIGO RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL