Presentación do centro de interpretación da oralidade de Vigo-CIOV, setembro 2013
Presentación do CIOV
Onte a concelleira de Normalización Lingüística, Isaura Abelairas, presentou o Centro da Interpretación da Oralidade de Vigo (CIOV).
Estivo acompañada por Ana Carreira (profesora do curso de narración e coordinadora das actividades desta área), Josinho da Teixeira (profesor do curso de improvisación en verso e coordenador das actividades desta área) e Silvia Penas quen se encargará de achegarnos o Slam e proxectos nos que se mesturan música, poesía e posta en escena. Tamén estivo no acto Avelino González quen artella todo o entramado deste centro na parte narrativa.
O centro vai ser un espazo dinámico onde a formación, creación, divulgación e posta en escena da tradición oral e dos novos xeitos de se expresar a improvisación poética van ser os protagonistas.
O CIOV quere contribuír á recuperación, posta en valor e transmisión da nosa creación oral, e por suposto, á normalización da lingua galega.
Programamos cursos de formación e actividades tanto na propia sede do centro (nestes momentos o Instituto Municipal de Educación, no camiño do Chouzo, 2) como por diferentes espazos nos que desenvolveremos actividades diversas.
A matrícula para se inscribir nos cursos de formación iníciase o vindeiro 28 de setembro e ate se esgotaren as prazas. Os cursos son gratuítos