SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Novas

Novas

PRAZO DE INSCRICIÓN

PECHADO

Esta actividade pertence aos programas:

Datas conmemorativas

Vigo literario

PERCORRIDO: AS FAMILIAS CHAO E MURGUÍA-CASTRO, 21 maio 2022

PERCORRIDO: AS FAMILIAS CHAO E MURGUÍA-CASTRO, 21 maio 2022

Percorrido guiado por Xurxo Martínez que nos desvelará a relación entre as familias Chao e Murguía-Castro e, asemade, a relevancia dos Chao na historia de Vigo.

Cómpre inscrición.

Para moita xente a estirpe Chao é unha gran descoñecida pero a súa relevancia para Vigo e a súa transcendencia para a cultura galega é total. A obra de Rosalía de Castro non se podería entender sen tela en conta. A publicación de "Cantares gallegos" ou "Follas novas" débese aos Chao, ao igual que as primeiras obras en castelán de Rosalía e de Manuel Murguía. A explicación desta particular relación centrará o percorrido.

 

Data: sábado 21 de maio

Hora: 11:00

Punto de saída: Estatua de Curros Enríquez na pr. de Compostela (Alameda)

Paradas: Estatua de Curros (Alameda), EMAO (García Barbón), Bufete Molins (rúa Reconquista), Federación de Veciños Eduardo Chao (Praza da Princesa), Botica Chao (Praza da Constitución), Rúa Chao, Imprenta Compañel (rúa Real) e finalizamos no miradoiro da Laxe.

 

Duración: 1:30h.

 

 

IMPORTANTE: cómpre inscrición que se realizará no 010, a partir do luns 16 de maio

 

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS TOPONIMIA DE VIGO RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL