Esta actividade pertence ao programa:
Paseos polo Vigo Literario, Francisco Castro "Tes ata as 10" (9 marzo 2019)
Percorrido polos principais espazos onde transcorre a trama.
PASEOS POLO VIGO LITERARIO,
FRANCISCO CASTRO "TES ATA AS 10".
O vindeiro 9 de marzo percorreremos os principais lugares onde transcorre a trama da novela "Tes ata as 10". Sairemos dende a Praza da Constitución e desprazarémonos ata a Porta do Sol, ao edificio onde estaba situado "El pueblo Gallego", que serviu de inspiración para recrear o "Eco de Vigo", o xornal onde traballa o pai do protagonista. Baixaremos cara ao tratro García Barbón, para parar na antiga sede da churreria Bonilla de camiño cara á rúa Luís Taboada, rúa que albergaba a enigmática imprenta da novela Tes ata as dez.
Guiará o paseo Francisco Castro, autor da novela.
Para inscribirse cómpre chamar ao telefono: 986810281 a partir do 4 de marzo (de 9 a 14.00 h).