Esta actividade pertence ao programa:

Paseo literario por Bouzas, 24 novembro 2018
Andaina por Bouzas para percorrer lugares, rúas, persoeiros e historia.
Este sábado 24 percorreremos lugares, rúas, persoeiros, historia, e historias do outrora concello de Bouzas.
Guiará o paseo Puri Pérez Leirós, coautora xunto con Elena de Frutos, do libro "Bouzas olladas salgadas".
Para inscribirse cómpre chamar ao telefono do SNL: 986 810 281.
Duración aproximada: 90 minutos