SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Actividades

Actividades

Documentación

Esta actividade pertence ao programa:

Gústame o galego de primeira

Participa!!! Gústame o galego de primeira, novembro 2013

Participa!!! Gústame o galego de primeira, novembro 2013

REMATADA
Este sábado a partir das 19.00 h participa no fotocol

"Gústame o galego de primeira" chega este sábado ao estadio de Balaídos. Dende as 19.00 h e ate o comezo do partido (22.00 h) podemos ser parte desta campaña de dinamización da lingua galega que desenvolve a CTNL e chega a Vigo co patrocinio do Real Club Celta, Fundación Celta de Vigo, Universidade de Vigo e Concello.
Todas e todos temos oportunidade de compartir xunto cos xogadores do Celta e cadro técnico o fotocol resultante e de mostrarmos como seareiros e seareiras da lingua galega.
As e os  menores que queirades facervos unha foto debedes traer asinada autorización pola vosa nai/pai ou titor/a. Podedes descargar o modelo nesta mesma páxina.
Hai agasallos para quen participe.
Porque nos gusta como Balaídos roxe en galego, animar dicindo: imos, Celta, forza Celta; porque tamén nos gusta escoitar o galego do "Ala Celta" e alentar con afouteza e corazón. Porque nos gusta ver un equipo de primeira apoiando un idioma de galego e porque nos gusta sacar o galego do curruncho... este sábado todas e todos seareiros da lingua de noso! Ala Celta!!!.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL