PRAZO DE INSCRICIÓN
PECHADO
Esta actividade pertence ao programa:
Obradoiros científicos: Percepción e cerebro
O obradoiro ten un enfoque práctico, buscando complementar os contidos máis teóricos do tema con un conxunto de actividades atractivas e divertidas que permitan ao alumnado aproximarse a comprensión da percepción dun xeito sinxelo e sorprendente
00 Intro.
Presentación do obradoiro.
01 Sentido da vista.
O vídeo céntrase na visión e as súas características máis sorprendentes, como a importancia evolutiva da posición dos ollos na nosa percepción e as súas implicacións.
02 Hackeando a vista.
Este vídeo é un divertimento sobre a importancia da vista e como a nosa percepción visual é mais limitada do que pensamos habitualmente.
Podemos complementar o vídeo ca seguinte ilusión óptica:
O docente debe imprimir copias da imaxe para o alumnado e pedirlles que comparen as casas A e B. Posteriormente, recortamos a casa A e a achegamos a B. Imos ver que son exactamente do mesmo ton de gris.
03 Sentido do oído.
Neste vídeo propomos xogar ca nosa percepción xerando un “colapso” auditivo. A aplicación que utilizamos está dispoñible en todas as plataformas e permite que o alumnado perciba en primeira persoa o que son as afasias.
04 Gusto e olfacto.
A maior parte da poboación ten a idea preconcibida de que a lingua e moito máis importante que o olfacto na nosa percepción dos sabores e descoñece a existencia de receptores para o sabor a humami. E moi recomendable levar a cabo a experiencia de probar a mistura de azucre y canela, xa que o resultado a nivel percepción e sorprendente.
05 Sentido do tacto.
Para finalizar o obradoiro, un sinxelo xogo que pon de relevo as limitacións de algunhas áreas do nosa pel a hora de percibir información.
Volver atrás