SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Formación

Formación

PRAZO DE INSCRICIÓN

PECHADO

Esta actividade pertence ao programa:

Achégate ás ciencias... en galego

Obradoiros científicos: Mundos químicos

Obradoiros científicos: Mundos químicos

<p>Tal como explicamos no v&iacute;deo da presentaci&oacute;n, &eacute; importante transmitir aos estudantes que a qu&iacute;mica e m&aacute;is que aprender a t&aacute;boa peri&oacute;dica dos elementos. &Eacute; comprender a materia e as interacci&oacute;n at&oacute;micas. O obradoiro &eacute; un conxunto de experiencias pensadas para poder ser desen voltas en calquera centro sen precisar equipamento de laboratorio, so utilizando materiais dom&eacute;sticos.</p>

00 Intro

Presentación do obradoiro.

 

 

01 Electrólise da auga

Disociar a molécula de auga e unha excelente experiencia para comprender o concepto de átomo e molécula, visualizando de xeito sinxelo a transformación da auga en osixeno e hidróxeno. Para complementar a proposta, podemos comezar intentando facer a electrólise con auga destilada e comprobar experimentalmente que non é posible. Posteriormente, poden ir variando a concentración de sal e ir analizando as variacións no resultado. Si se dispón de tubos de ensaio é moi doado recoller os bases e coa supervisión do docente achegar un misto e ver como se produce a combustión do hidróxeno xerado.

 

 

02 Extintor de vinagre

Temos a percepción de que si algo no o perciben os nosos sentidos non existe. E isto acontece con moitos gases. Esta experiencia permite “visualizar” un gas tan habitual como o dióxido de carbono facendo que apague unhas velas grazas a súa maior densidade que o aire .

 

 

03 Osos xigantes

A osmose e un fenómeno importantísimo a nivel celular e que podemos visualizar de forma sinxela con esta experiencia. No vídeo fixemos un exemplo, peor podemos pedir ao alumnado que leve a cabo variacións con máis medios e concentracións. Como complemento, podemos abordar unha vez comprobados os resultados a importancia da osmose no ámbito da bioloxía e os seres vivos.

 

 

04 Columna de densidades

Esta actividade ten unha compoñente lúdica importante. Aos estudantes encántalles “xogar” a crear a súa columna de densidades. Como actividade inicial, e por a súa disposición unha balanza e vasos de precipitado e que determinen antes de comezar a columna a orde dos líquidos. Deste xeito, van a comprender moito mellor o concepto de densidade.

 

 

05 Fritura máxica

Para finalizar o obradoiro, unha desnaturalización de proteínas sorprendente. Esta actividade permite presentar o concepto de proteína e a súa desnaturalización dun xeito atractivo de didáctico, observando como a albumina do ovo se transforma da mesma forma que cando é sometida a calor. Como se comenta no vídeo, e moi interesante facer o proceso inverso. Limpar o ovo con auga ata que teña de novo o seu aspecto inicial.

 

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS TOPONIMIA DE VIGO RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL