PRAZO DE INSCRICIÓN
PECHADO
Esta actividade pertence ao programa:
Obradoiros científicos: Iniciación a ciencia cidadá
Sen dúbida, unha das mellores ideas para achegar a ciencia a sociedade é a Ciencia Cidadá. Que as persoas que o desexen poidan colaborar cos científicos recollendo datos que posteriormente serán utilizados en proxectos científicos. No obradoiro presentamos algúns recursos e ferramentas que permitan ao alumnado coñecer as posibilidades que ofrece e incluso iniciar o seu propio proxecto.
00 Intro.
Presentación do obradoiro.
01 Recursos online.
Tal como o seu nome indica, é un breve percorrido por páxinas web que ofrecen información para participar en proxectos de ciencia cidadá. É especialmente interesante a web de Ibercivis, xa que colabora cos centros educativos e envía materiais de balde para a participación nos proxectos.
02 Science Journal.
Unha ferramenta sorprendente que permite converter o telefono móbil nun sistema de recollida de datos. A aplicación ten un uso moi sinxelo e nos permite deseñar pequenas investigacións para desenvolver co alumnado dun xeito rápido e sen preparación previa. Exemplo de posibles investigacións.
Nivel de ruídos no centro.
Iluminación óptima dun aula.
Safari magnético. Detectar os espazos das vivendas con maior nivel de indución magnética.
A web do proxecto ofrece ideas e recursos: https://science-journal.arduino.cc/
03 - 04 -05 Epicollect.
Trátase dunha excelente ferramenta para que os estudantes creen o seu propio proxecto de Ciencia Cidadá. De uso moi sinxelo, ofrece unha gran versatilidade e todo un conxunto de opcións que permitirán crear propostas de interese. Antes de pensar un proxecto propio, é interesante explorar os proxectos existentes na web. Iso nos vai dar unha visión máis amplia do que podemos crear.
Volver atrás