SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Formación

Formación

PRAZO DE INSCRICIÓN

PECHADO

Esta actividade pertence ao programa:

Achégate ás ciencias... en galego

Obradoiros científicos: Explorando a electricidade

Obradoiros científicos: Explorando a electricidade

A electricidade é unha temática moi atractiva para o alumnado e que permite facer experimentos moi sinxelos e de gran espectacularidade. Este obradoiro pode dividirse en dúas sesións. Unha primeira exploratoria sobre a electricidade na que se desenvolvan os experimentos dos catro primeiros vídeos e unha segunda cos outros dous levando a cabo pequenas investigacións asociadas.

00 Intro

Presentación do obradoiro.

 

 

01 Electricidade estática globo

Ao fregar un globo co noso pelo, este cárgase electricamente e atrae ao xeito. Unha experiencia moi simple pero que permite explicar perfectamente o concepto de electricidade estática e poñer un exemplo que todo o alumnado pode replicar.

 

 

02 Repulsión entre globos

Cargamos dous globos, unímoslles fíos e observamos a repulsión que se establece entre eles. Tan importante como comprender a atracción entre corpos con cargas eléctricas contrarias é entender a repulsión. Este sinxelo experimento pono claramente de manifesto.

 

 

03 Lata electricidade

Ao achegar un globo cargado electricamente a unha lata, esta é atraída polo globo. Aínda que similar aos anteriores, a súa base complementa o visto en experimentos anteriores. As cargas non saen da lata, senón que ao tratarse dun material metálico - e excelente condutor eléctrico - desprázanse a través da súa superficie.

 

 

04 Papel electricidade

Experimento que resume os anteriores. Ao montar unha estrutura lixeira e fácil de mover, a carga electrostática permítenos provocar movementos na folla de papel dun modo aparentemente máxico.

 

 

05 Compás

Neste experimento fabricamos nosa propio compás. Para iso, temos que magnetizar unha agulla fregándoa cun imán repetidamente. É importante insistir ao alumnado na importancia de facelo sempre na mesma dirección, de forma que a magnetización sexa o máis eficiente posible. Posteriormente, ao poñela sobre un papel flotando na auga o que conseguimos é diminuír o rozamento coa superficie o suficiente para que poida virar libremente e orientarse co norte magnético.

 

 

06 Electroimán

Para acabar o taller, construiremos un electroimán. Este sinxelo experimento permítenos achegar dunha forma atractiva ao alumnado a relación existente entre electricidade e magnetismo, que non deixan de ser dúas caras da mesma forza. É importante ter coidado co sobre quecemento das pilas e a súa rápida descarga se o alumnado prolonga en exceso o tempo de xogo co seu electroimán. É probable que descarguen as pilas moi rapidamente. Tal como indicamos no vídeo, é interesante que os e as estudantes exploren que implica aumentar o número de voltas de cable en torno ao cravo. Descubrirán que se incrementa a potencia do imán.

 

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL