SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Formación

Formación

PRAZO DE INSCRICIÓN

PECHADO

Esta actividade pertence ao programa:

Achégate ás ciencias... en galego

Obradoiros científicos: Explorando a auga

Obradoiros científicos: Explorando a auga

Os vídeos están centrados en experimentos sinxelos e facilmente realizables na aula que permitan despertar a curiosidade no alumnado polo tema da auga e as súas propiedades.

00 Presentación experimentos con aula

Trátase dun vídeo de presentación sobre o tema. A idea é achegar ao alumnado a investigación científica dun xeito divertido e didáctico.

 

 

01 Auga con canela

O experimento é aparentemente máxico (mergullamos os dedos en auga e non se mollan) e permite explorar unha propiedade da auga tan complexa como a tensión superficial. A tensión superficial é unha propiedade dos líquidos que é provocada pola tensión que se xera na súa superficie por acción das forzas de atracción entre as súas moléculas. Para o alumnado, o ideal é explicarlles que é unha capa fina que se forma na superficie da auga. Para ampliar o experimento, é interesante ofrecer ao alumnado opcións adicionais para ver si so funciona ca canela (o fenómeno repítese con materias non solubles e de grano moi fino como o po de talco).

 

 

02 Figura flota na auga

Nesta actividade, temos que recortar unha figura que pode flotar na auga sobre as súas patas. Trátase de seguir explorando a tensión superficial a través dunha actividade creativa. O modelo proposto no vídeo é unha suxestión. Calquera deseño estable e con base amplia vai quedar na superficie sen afundirse. Podemos introducir conceptos como o de flotación. O noso animaliño flotante pesa pero non se afunde. O mesmo que pasa cos barcos, aínda que os barcos flotan polo principio de Arquímedes.

 

 

03 Experimento lacasitos

Todo un clásico, consiste en xogar coa descoloración dos lacasitos e ver a xeometría que se será na auga. O alumnado queda sorprendido de que as cores non se misturen. O motivo é a concentración de azucre na auga. Cando a cor se estende, é por que a concentración de azucre e máis alta na zona de cor que no resto da auga. Cando chega a unha zona e as cores quedan formando unha liña é porque a concentración é igual. Con nenos de corta idade, a explicación é que o colorante e o azucre do caramelo mistúranse ca auga e vanse estendendo igual que pasa cas correntes oceánicas. As correntes son en moitos casos por diferente temperatura da auga ou de concentración de sal.

 

 

04 Barco mergullable

Trátase dun reto. Conseguir que un barco de papel chegue ao fondo do noso recipiente cheo de auga e non se molle. A solución consiste en colocar un vaso invertido e xerar unha campá de aire. O experimento permite visualizar a presencia de aire na atmosfera e explicar aos alumnos o concepto de presión. Dentro do vaso invertido a presión aumenta porque a auga aperta o aire e o comprime. O barco non se molla porque co aire que temos atrapado facemos baixar o nivel da auga.

 

 

05 Lámpada de lava

Un experimento baseado tamén nos gases e a súa interacción cos fluídos. Neste caso, imos conseguir un movemento dun fluído dentro de outro (auga en aceite) mediante unha reacción química. Ao introducir a pastilla efervescente na auga, xerase unha corrente ascendente do gas que libera que arrastra auga cara a superficie. Ao pasar a capa de aceite, a auga e inmiscible e forma burbullas. No momento en que chega a superei, perde o gas e a auga descende por densidade.

 

 

06 Pompas e xeometría

Por último, investigamos as propiedades matemáticas das pompas de xabón. A través de pequenos xogos e experimentos, aprendemos as súas propiedades e descubrimos o fascinante que é a Ciencia. Como complemento na clase de matemáticas, utilizando palliñas os alumnos e alumnas poden fabricar figuras xeométricas tridimensionais para mergullar no líquido de facer pompas. Como aparece no vídeo, as xeometrías que se xeran son fascinantes. Para o alumnado, podemos explicar simplemente que o xabón sitúase na forma que cobren a superficie máis pequena posible.

 

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL