SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Formación

Formación

PRAZO DE INSCRICIÓN

PECHADO

Esta actividade pertence ao programa:

Achégate ás ciencias... en galego

Obradoiros científicos: Explorando a alimentación

Obradoiros científicos: Explorando a alimentación

Sen dúbida, un dos temas máis importantes da educación científica dos nosos mozos é ensinarlles a comer adecuadamente. Neste taller realizaremos un conxunto de experimentos simples que nos permiten abordar o tema de forma amena e educativa.

00 Intro

Presentación do obradoiro.

 

 

01 Presenza de amidón nos alimentos

Podemos detectar a presenza de amidón nos alimentos cun experimento moi simple. Simplemente debemos deixar caer sobre eles unhas pingas de solución de iodo (por exemplo, betadine). Se cambia de cor e se escurece, iso indica que contén amidón. O amidón é o azucre de reserva vexetal e é importante que estea presente na nosa dieta.

Podemos ampliar o experimento explicando aos alumnos e alumnas que existen diferentes tipos de azucres e que os que son de cadea longa como o amidón son bos porque os utilizamos como reserva de enerxía.

Un experimento adicional interesante é que os estudantes leven etiquetas de alimentos a clase e cunha balanza pesen a cantidade de azucre de cada un deles e métanos en bolsas. Van quedar sorprendidos da gran cantidade de azucre que inxeren.

 

02 Alimentos con ferro

Trátase dun experimento sinxelo pero moi espectacular. Unha vez feita a proba con cereais poden probar con outros alimentos como uvas ou lentellas. Se se dispón dunha pastilla para a anemia, é interesante ver o forte que é atraída polo imán.

 

03 Canela ou azucre

Outro experimento moi simple que nos permite ver a importancia dos sentidos do gusto e o olfacto. O ideal é levar preparada a mestura e tapada para que o alumnado non a cheire antes de empezar. Posteriormente, como ampliación, podemos ir probando outros sabores (salgado, amargo, ácido) colocando pequenas cantidades en distintas zonas da lingua e ver se notamos igual de intensos os sabores en todas as áreas. Temos diferente cantidade de receptores en cada zona, o que fai que a percepción non sexa uniforme.

 

04 Momificación de salchicha

O efecto de azucres e sales para a conservación de alimentos coñécese desde a antigüidade. Nesta experiencia comprobamos estes procesos. O máis interesante é explicar aos alumnos a importancia da recollida de datos precisos e ter paciencia para obter resultados. Pode comprobarse cada día a variación de lonxitude e diámetro e repetilo con outros conservantes como sal común ou azucre.

 

 

05 Columna de densidades comestible

Esta actividade é ideal para acabar o taller. Os alimentos utilizados poden ser substituídos por outros. Hai gran cantidade de propostas na internet para a creación deste tipo de columnas. O máis interesante é dar aos alumnos uns minutos ao comezo da actividade para que investiguen a orde dos fluídos antes de empezar a crear a columna definitiva.

 

 

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL