SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Formación

Formación

PRAZO DE INSCRICIÓN

PECHADO

Esta actividade pertence ao programa:

Achégate ás ciencias... en galego

Obradoiros científicos: Descubrindo as forzas

Obradoiros científicos: Descubrindo as forzas

Sen dúbida, a física é unha das áreas que mais dificultades presenta para o alumnado cando reciben as súas primeiras clases. O nivel de abstracción que esixe provoca que parte dos estudantes non cheguen a descubrir o seu atractivo e importancia para o coñecemento da nosa contorna.

A finalidade dos contidos do obradoiro e dar ao alumnado a oportunidade de experimentar cas forzas desenvolvendo experimentos sinxelos e sorprendentes.

00. Intro

Presentación do obradoiro

01. A forza dos libros

​Para empezar o taller, nada mellor que un experimento sorprendente. O ideal sería que o docente responsable da actividade teña preparadas as guías telefónicas e móstreas ao alumnado tras a realización do experimento básico con cadernos. Así, propoñerémoslles cambiar de escala e tentar separar as guías telefónicas. Comprobarán que por moita forza que fagan é inviable.

02. A presión do fakir

​O concepto de presión, como moitos en física, é complexo. Partindo da idea de tombarse sobre unha cama de cravos, experimentamos coa presión que xera un globosobreunconxuntode chinchetas.Parasorpresadetodos,nonsepicaaoapertaloa menos que diminuamos drasticamente a súa cantidade (aumentado a presión en puntos concretos do globo.

03. Presión atmosférica (I)

Durante séculos ninguén comprendeu a presión atmosférica. Con este sinxelo e espectacular experimento podemos explicar ao alumnado o concepto de presión e como calquera pequena variación pode provocar efectos tan espectaculares como o que mostra o experimento.

Para complementar a actividade, é interesante propoñer aos alumnos unha procura na internet sobre Otto Von Guericke e o seu experimento sobre baleirou en Magdeburgo.

04. Presión atmosférica (II)

Este experimento complementa perfectamente en anterior. Tras a realización do primeiro, o alumnado debería ser capaz de expor as súas propias hipóteses sobre o que sucede. Posteriormente, pode debaterse co grupo para determinar cal é a explicación do fenómeno observado.

Podemos ampliar o experimento comprobando que cambios se producen no resultado se quentamos algo o vaso investido antes de baixalo sobre a auga (o aire quéntase máis e o efecto é máis intenso).

05. Diablillo de Descartes

Un clásico da Ciencia. O luidón, submarino cartesiano ou diablillo de descartes é unha excelente experiencia para visualizar a compresibilidade dos gases e explicar conceptos sobre presión hidrostática.

Unha opción interesante é propoñer ao alumnado que tras realizar o modelo básico mostrado no vídeo tente construír un de deseño propio utilizando como ludión globos, micropipetas ou capuchóns de bolígrafo.

06. Equilibrio!

E unha actividade máis lúdica para acabar o obradoiro. Construír unha balancín imposible. Esta actividade ten un importante compoñente creativo, e pode complementarse con elementos alleos á física como decoralo con imaxes de científicas ou científicos ou construír un sistema solar decorativo en formato balancín. A nivel de física, o máis interesante é que como propoñemos no libro os alumnos investiguen como afectar cambiar a posición , peso e orientación dos distintos elementos e que efectos ten sobre o centro de gravidade do corpo.

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS TOPONIMIA DE VIGO RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL