PRAZO DE INSCRICIÓN
PECHADO
Esta actividade pertence ao programa:
Obradoiros científicos: Descubrindo a cromatografía
Sen dúbida, a cromatografía é un excelente punto de partida para iniciar ao alumnado no traballo experimental. No seguinte obradoiro a proposta é levar a cabo tres tipos de cromatografías en papel distintas e ir descubrindo a súa utilidade práctica no traballo científico.
00 Intro.
Presentación do obradoiro.
01 Cromatografía de tintas.
Para comprender a técnica, é interesante que os e as estudantes leven a cabo unha cromatografía de colorantes e observen como as cores que aparentemente quedan inevitablemente mesturados poden separarse de novo grazas a esta técnica de laboratorio.
02 Cromatografía de rotuladores e bolígrafos.
Este segundo experimento permite afianzar os conceptos presentados na primeira actividade. É interesante valorar a posibilidade de organizar un xogo co alumnado partindo de que somos policía científica e atopamos un rotulador e queremos descubrir se se usou para redactar unha nota dun crime. Para iso, temos o seu cromatografía e debemos realizar cromatografías de distintos rotuladores para identificar o usado no crime.
03 - Cromatografía de plantas.
Unha vez coñecemos a técnica, pasamos a aplicala para determinar os pigmentos fotosintéticos de plantas. Unha vez realizamos un exemplo de “práctica”, podemos propoñer ao alumnado que investiguen con distintos tipos de plantas e comparen posteriormente os resultados das cromatografías. Observarán diferenzas nos bandeados de cor derivados da presenza de distintas porcentaxes de pigmentos en cada unha das plantas.
Volver atrás