SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Formación

Formación

PRAZO DE INSCRICIÓN

PECHADO

Esta actividade pertence ao programa:

Achégate ás ciencias... en galego

Obradoiros científicos: Descubrindo a ciencia

Obradoiros científicos: Descubrindo a ciencia

Ao tratarse dunha actividade, para infantil, recomendamos facer un ou dous experimentos por sesión, dedicando un máximo de media hora a cada sesión para evitar que perdan a atención. As propostas son todo experimentos moi visuais e manipulativos que permitirán ás nenas e os nenos aproximarse á Ciencia a través do xogo e a experimentación. É importante deixarlles certa liberdade creativa, e que se pregunten o porqué dos procesos observados.

01 Líquidos viaxeiros

Neste experimento, veremos como os líquidos pasan dun vaso a outro utilizando como pontes papeis de cociña. Dá moito xogo cos nenos que mesturen colorantes para obter as súas cores favoritas en cada vaso. Desta forma, ampliamos o experimento, ofrecéndolles a posibilidade de explorar o mundo da cor.

 

 

02 Volcán

Trátase dun experimento moi atractivo e todo un clásico. A primeira parte é traballar o tema dos volcáns e a súa estrutura para posteriormente construír o noso. E importante que non teñan un cráter demasiado ancho para que a erupción sexa máis espectacular (a máis estreito mellor). A reacción química non ten rochas, pero ou vinagre é un ácido e temos que ter coidado na manipulación. Cos máis pequenos o recomendable e que engadan o vinagre o docente.

 

 

03 Leite e cores

Outro experimento clásico. Neste, engadimos colorantes e deterxente a leite para xerar debuxos espectaculares rompendo a súa tensión superficial. O experimento é moi sinxelo e non ten ningunha complexidade. O único importante é utilizar leite enteiro (o que activa a reacción é a graxa presente no leite) e un colorante líquido.

 

 

04 Simulando a choiva

O que facemos é simular a choiva utilizando un recipiente con auga. Ao alumnado explicámoslle que a auga é a atmosfera e que o que estamos a situar por encima con escuma de afeitar son as nubes. O colorante alimentario permítenos representar a choiva. Posteriormente, é interesante que os alumnos debuxen o proceso, que vai desde a evaporación ata a formación de nubes e a condensación do vapor de auga e a precipitación.

 

 

05 Explorando o xeo

Trátase dunha actividade de exploración e descubrimento. De forma previa, temos que conxelar globos que enchemos con auga ata alcanzar un volume como o da palma da nosa man (aproximadamente). É interesante dispoñer dalgunhas lanternas potentes para iluminar a través do xeo. A actividade non debe ser excesivamente guiada, debemos deixar ao alumnado explorar e posteriormente realizar unha posta en común dos resultados con eles.

 

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL