Obradoiro "Teatro de obxectos e imaxinario" (novembro 2019)
Unha viaxe para a descuberta dos imaxinarios.
Datas: 11, 13, 18, 20, 25 e 27 de novembro de 2019
Horario: 17:30 a 20:15 (prégase puntualidade)
Lugar: Auditorio Mar de Vigo, 5.ª planta, aula núm. 3 (Avda. Beiramar, 59-entrada pola porta da UNED)
Impartido por: Alba Grande Vázquez
“Un laboratorio de pescuda e creación, onde se acompañan os procesos persoais e colectivos, facilitando as canles para o intercambio de saberes e faceres entre as participantes, dinámicas para o xogo e a investigación a partir do obxecto, a imaxe, o símbolo e as historias”.
A inscrición realízase na páxina web da Concellaría de Normalización Lingüística (snl.vigo.org) cubrindo o formulario https://snl.vigo.org/inscricion (Cómpre poñer no asunto: teatro de obxectos)
Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.