SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Actividades

Actividades

Esta actividade pertence ao programa:

Achégate ás ciencias... en galego

Obradoiro "Ríos que falan", outubro-novembro 2013

Obradoiro "Ríos que falan", outubro-novembro 2013

REMATADA
Conmemoramos o dereito a gozar da Ciencia e da Arte en galego


Este ano, o Día da Ciencia, está dedicado á relación entre ciencia e arte, e para celebralo combinamos ambas as dúas disciplinas neste obradoiro.
Con elementos básicos na creación plástica como plastilina, cartolinas, papeis de diferentes tipos e cores... e materiais de uso cotián que reutilizaremos de xeito creativo, as rapazas e rapaces , traballando en grupo, recrearán un río moi especia... un río que fala. Que nos conta sobre os animais que o habitan, a flora que lle dá vida, a súa morfoloxía... Tamén nos falará da cultura e do patrimonio que o conforma: muíños, presas, achafondos, contos e lendas...
Rematado o obradoiro os traballos feitos móstranse a xeito de exposición
Idades recomendadas: 8 a 12 anos
18 de outubro de 18.00 a 20.00 h no CRAC de Coruxo
15 de novembro á mesma hora no CVC Valadares
29 de novembro á mesma hora na AV Teis

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS TOPONIMIA DE VIGO RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL