SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Actividades

Actividades

Documentación
Cartel da actividade
Obradoiro de recollida de cantares de tradición oral (xuño 2019-segunda oferta)

Obradoiro de recollida de cantares de tradición oral (xuño 2019-segunda oferta)

A Concellaría de Normalización Lingüística e a A.C.F. O Fiadeiro organizan este obradoiro (impartido por Xulia Feixoo) que se compón de 2 charlas e 1 percorrido.

Luns, 17 de xuño de 2019 (charla) no Instituto Municipal de Educación-IME (camiño do Chouzo, 2-seminario 17) de 17:00 a 19:30
    Tema: A música de tradición oral: ámbitos de estudo, conceptos básicos da investigación social
    Tema: A investigación da recollida: deseño, planificación, metodoloxía

Xoves, 20 de xuño de 2019 (charla) no Instituto Municipal de Educación-IME (camiño do Chouzo, 2-seminario 17) de 17:00 a 19:30
    Tema: Músicas de tradición oral e sociedade tradicional:
        a) O ciclo da vida: cantares de arrolar
b) O ciclo do ano: o serán, o ciclo do millo (labradas e sachadas), o ciclo do Nada, o Entruido


Domingo, 23 de xuño de 2019 (percorrido en Gargamala-Mondariz) de 11:00 a 13:00. O desprazamento corre por conta das persoas interesadas
    Tema: Posta en práctica o aprendido no obradoiro

 

Inscricións de balde na web do Servizo de Normalización Lingüística cubrindo o formulario https://snl.vigo.org/inscricion (poñer na actividade: tradición oral)

Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL