Obradoiro de recollida de cantares de tradición oral (novembro 2019)
A Concellaría de Normalización Lingüística e a A.C.F. O Fiadeiro organizan este obradoiro (impartido por Xulia Feixoo) xunto cun percorrido ao remate do obradoiro.
DÍAS: 11, 12, 18, 19 de novembro de 2019
HORARIO: de 17:30 a 20:00 (prégase puntualidade)
LUGAR: no Instituto Municipal de Educación-IME (camiño do Chouzo, 2-seminario 17)
Tema 1: A música de tradición oral: ámbitos de estudo, conceptos básicos da investigación social
Tema 2: A investigación da recollida: deseño, planificación, metodoloxía
Tema 3: Músicas de tradición oral e sociedade tradicional:
a) O ciclo da vida: cantares de arrolar
b) O ciclo do ano: o serán, o ciclo do millo (labradas e sachadas), o ciclo do Nadal, o Entruido
Tema 4: Posta en práctica o aprendido no obradoiro
SAÍDA: 1 de decembro a Gargamala-Mondariz en horario de tarde.
Inscricións de balde na web do Servizo de Normalización Lingüística cubrindo o formulario https://snl.vigo.org/inscricion (poñer na actividade: tradición oral)
Protección de datos: Estes datos incorporaranse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demais disposicións de aplicación.
A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas.
O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais.
Os datos solicitados unicamente serán obxecto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada ou de acordo co previsto na citada lexislación.
As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidad, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixirase a dpd.vigo@vigo.org
Así mesmo os usuarios e usuarias tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.