SNL
SNL
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo

SNL

Actividades

Actividades

Esta actividade pertence ao programa:

Vigo arrólate

O colo, o chupete e o cueiro: pautas de crianza responsable (29 novembro 2018)

O colo, o chupete e o cueiro: pautas de crianza responsable (29 novembro 2018)

A psicóloga familiar Raquel Bello imparte dous obradoiros onde aborda as fases madurativas dos bebés e como xestionar o colo, o chupete e o cueiro.

O primeiro obradoiro, O COLO, O MELLOR DOS BERCES, desenvolverase na Casa da Xuventude ás 11.30 h.

O obxectivo é dotar as asistentes de coñecementos sobre o significado e funcións do colo, o coleito, a lactancia (materna ou artificial), e a desmontar os falsos mitos. Para iso axudaranos cos ritmos e fases de sono-vixilia segundo a idade e o momento madurativo das crianzas, as posibilidades de porteo, a lactancia e o coleito.
Está orientada a familias con bebés de 0 a 2 anos, e a duración aproximada é de 90 min.
 
O segundo obradoiro, ADEUS CHUPETE, ADEUS CUEIRO, celebrarase no local de APAMP en Navia, ás 18.00 h.
Nesta sesión descubriranos as fases madurativas dos bebés no abandono do chupete e dos cueiros, así como outros elementos de apego. Ademais introducirá pautas para acompañar as crianzas nestes procesos sen sufrimento.
Está destinada a familias con bebés de 0 a 3 anos. Duración aproximada: 90 min.
 
A asistencia a ambas é libre, ata completar a capacidade do local.
Volver atrás
Logo Vigo en Galego Logo Concello de Vigo
INICIO NOVAS SNL ACTIVIDADES FORMACIÓN CONSULTAS RECURSOS CIOV CURSOS DINAMIZACION PROGRAMAS BIBLIOTECA SUBSCRICIÓN A CONCELLARÍA LEXISLACIÓN CONTACTO Política de privacidade Aviso legal Accesibilidade
SNL